Onde viven os monstros
Softcover
Buy Now
By using these links, you support READO. We receive an affiliate commission without any additional costs to you.
Description
Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Alí chegará a converterse no Rei dos monstros. Esta obra está considerada o álbum ilustrado perfecto.Publicado por primeira vez en 1963, 'Onde viven os monstros' suscitou certa polémica polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos, pero chegou a ser un clásico da LIX e un referente imprescindible. Está traducido a numerosas linguas e ademais é unha das obras máis vendidas de todos os tempos. Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Tras converterse no rei duns monstros tan feroces coma entrañables, retorna ao punto de partida, onde lle agarda a cea. Unha travesía de ida e volta, dende a realidade á ficción, sen que nada nin ninguén explique se esa metamorfose foi produto dun soño.'Onde viven os monstros' é un exemplo de álbum ilustrado pola súa perfecta conxunción entre palabra e imaxe; unha historia poética e sinxela, contada con humor, total economía expresiva e absoluta harmonía entre texto e ilustracións. Todo se conxuga neste libro, pensado artisticamente ata o máis mínimo detalle: o xogo coa diagramación, o formato, a atmosfera case máxica que desprende cada páxina, a tensión argumental e a combinación de palabras, sons e repeticións.Así, o tamaño das ilustracións vai in crescendo a medida que o protagonista se interna no mundo onírico; as imaxes ocuparán a totalidade da páxina cando a historia acade o seu clímax e irán diminuíndo en envergadura cando Max vaia regresando ao plano da realidade.
Book Information
Main Genre
N/A
Sub Genre
N/A
Format
Softcover
Pages
48
Price
23.50 €